galego  español | contacto
o camiño de Santiago
a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo...
Imagen: Espectáculo "O camiño de Santiago"
Imagen: Espectáculo "O camiño de Santiago"
Imagen: Espectáculo "O camiño de Santiago"
Imagen: Espectáculo "O camiño de Santiago"
ficha técnica
TIPO
Teatro Musical Infantil
DURACIÓN
50 minutos
PÚBLICO
Familiar nenos a partir de 4 años
FORMATO
Mediano
PERSONAL EN GIRA
4 persoas
ACTORES
ALMUDENA ZURITA, PAULO MEDAL
TEXTO
José Luís de Blas
DIRECCIÓN
EDUARDO CUNHA “TATÁN”
COREOGRAFÍAS
Ali Otero
MÚSICA ORIXINAL
Michel Suárez
VESTIARIO
Alicia Rodríguez
ESCENOGRAFÍA
Barbara Wojtkowiak
CONSTRUCCIÓN
Con Lupa
DISEÑO ILUMINACIÓN
Diego Camaño
FOTOGRAFÍA
OUTRA LUZ
REALIZACIÓN VIDEO
Cuchi Carreira
PRENSA E DIFUSIÓN
Alexandre Vázquez
sinopse

Como cada noite Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non esperan é que hoxe se atoparán no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (A Catedral de Santiago) e atopar o tesouro escondido.

Nesta viaxe as personaxes dos seus contos cobrarán vida. Personaxes de diferentes países que a través da súa diversidade, amosarán aos irmáns que compartir as súas aventuras é moito máis divertido e valioso. Cando acaba a súa aventura e a viaxe remata, os irmáns espertan, na mañá seguinte, cambiados, unidos, finalmente xuntos.

valores didácticos

Esta é a historia de dous irmáns: Santiago e Mariña. É a viaxe que emprenden para aprender a verse e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal como é, coas súas virtudes e defectos. É un camiño dende o egoísmo, cara a solidariedade e a tolerancia.

O Camiño de Santiago é, en definitiva, a viaxe da fraternidade reencontrada, onde se constrúe o vínculo fraterno. Paralelamente os nenos traballan valores como a coordinación, os medos ou a tolerancia mediante as cancións do espectáculo.

E serán as personaxes dos contos de Santiago as que consigan achegar aos máis cativos diferentes idiomas: As cores en inglés con carapuchiña vermella, os números en francés co Gato con botas e as partes do dia en italiano con Pinocho.

obxectos e monicreques (as personaxes dos contos cobran vida)

Parte da historia cóntase a través dos obxectos dos irmáns. Branco é o cabalo de Santiago, é o seu xoguete preferido, un xoguete que o transforma en valente cabaleiro. Mariña sempre vai con Lupe, a súa gatiña de peluche, e non pode durmir sen ela. Ao final deberá deixala marchar, e gañar así a súa batalla persoal de independencia e desprenderse, con ela, da súa inmadurez.

Branco e Lupe terán unha continuidade na historia, para que a través deles, poidamos comprender os cambios polos que pasan os protagonistas.

No soño compartido de Mariña e Santiago, as personaxes dos contos de Santiago, cobrarán vida (como monicreques). Carrapuchiña Vermella, Pinocho e o Gato con Botas, axudarán aos irmáns a seguir o seu camiño.