galego  español | contacto
a compañía
O espírito multidisciplinar de “Escuadra 17” ábrelles as portas a traballar en diferentes ámbitos teatrais, con unha prolífera produción de espectáculos.

“Escuadra 17”, nace froito do encontro entre os actores Paulo Medal e Almudena Zurita. Esta simbiose entre norte e sur fraguouse en Sevilla en 2010 co espectáculo de improvisación “Improkabaret”, un show cabareteiro e interactivo da compañía “teatro Improceso” e “Érase una vez…” en 2011, espectáculo infantil onde se xuntan a improvisación teatral, os contos e a música en directo.

Unha vez asentados en Galicia créase “Escuadra 17” con unha liña de traballo polivalente como modus operandi. Improvisación teatral, música en directo, narración oral, humor, traballo de actor e ante todo compromiso cultural.

A súa vez a compañía imparte TALLERES DE TEATRO e IMPROVISACIÓN en 2012 en Cruz Vermella de Pontevedra. 2013, 2014, 2015 en Redondela, Pontevedra e Augasantas, realizando de xeito habitual Match de Improvisación cos alumnos.