galego  español | contacto
improvisados
Un espectáculo que vai máis aló da improvisación. Unha viaxe conxunta entre público e actores.
Imagen: Espectáculo "Improvisados"
Imagen: Espectáculo "Improvisados"
Imagen: Espectáculo "Improvisados"
Imagen: Espectáculo "Improvisados"
ficha técnica
TIPO
Espectáculo improvisación teatral
DURACIÓN
80 minutos
PÚBLICO
Todos os públicos
FORMATO
Pequeño / Mediano
PERSONAL EN GIRA
3 persoas
ACTORES
ALMUDENA ZURITA, PAULO MEDAL
DIRECCIÓN
Escuadra 17
ESCENOGRAFÍA
Con Lupa
VESTIARIO
Alicia Rodríguez
FOTOGRAFÍA
Michel Suárez
REALIZACIÓN VIDEO
Cuchi Carreira
sinopse

Na entrada entregarase un billete para comezar a viaxe. Nel escribiremos o noso destino. O azar, encargarase do despegue e en fraccións de segundos a historia comezará.

Todo está entrelazado. Os espectadores terán a oportunidade de ser parte creadora e indispensable do show, escollendo tamén as “turbulencias” (estilos de improvisación) que máis lles apetezan.

Preparade os vosos billetes para embarcar con Almudena Zurita e Paulo Medal, cara un destino tan realista ou absurdo como o espectador queira. ¿Estades listos para viaxar?

¿Qué é a improvisación teatral?

A técnica de improvisación remontase aos Xograres Medievais capaces de improvisar en verso e seguir así o relato do cantar, pois dispoñían dunha serie de recursos e de fórmulas que lles permitían versificar oralmente. Encontrámolas tamén na Commedia dell-Arte, nacida no século XVI en Italia, pois baseábase na improvisación arredor dunha trama sinxela, polo que se denominaba tamén commedia all'improviso. Sobre 1890, directores e teóricos do teatro como Konstantin Stanislavski e Jacques Copeau, utilizaron amplamente a improvisación nos seus adestramentos.

A pesares de ser unha técnica moi antiga, séguese con furor dende hai máis de trinta anos en Canadá, Europa e Sudamérica. No noso país dende hai máis de dez años ten gran pegada. As principais cidades xa se sumaron a esta liña de traballo, onde nin os espectadores nin os actores saben que ocorrerá en cada función. As historias serán creadas no momento e co público como única testemuña, grazas aos recursos elaborados e á gran habilidade dos actores, convertendo cada función nun momento único, irrepetible e irresistible.