galego  español | contacto
unha maleta cargada de...
Contos, improvisación e música en directo para toda a familia.
Imagen: Espectáculo "Unha maleta cargada de..."
Imagen: Espectáculo "Unha maleta cargada de..."
Imagen: Espectáculo "Unha maleta cargada de..."
Imagen: Espectáculo "Unha maleta cargada de..."
ficha técnica
TIPO
Infantil de Teatro, Contos e Música
DURACIÓN
50 minutos
PÚBLICO
Familiar nenos a partir de 4 años
FORMATO
Pequeño
PERSONAL EN GIRA
3 persoas
ACTORES
ALMUDENA ZURITA, PAULO MEDAL
DIRECCIÓN
Escuadra 17
ESCENOGRAFÍA
Con Lupa
VESTIARIO
Alicia Rodríguez
FOTOGRAFÍA
Michel Suárez
REALIZACIÓN VIDEO
Cuchi Carreira
sinopse

Todo comeza con música en directo, cantamos e contamos … un conto de sempre, outro prestado, outro equivocado e o último improvisado, inventado por todas e todos os nenos e nenas con palabras que eles mesmos forman a partir das letras que enchen as nosas maletas.

Contos de sempre, contos de agora, os nosos contos preferidos. Un lugar máxico para aprender cantando e soñando.

Trala función damos a opción de realizar un taller que consiste en experimentar a creatividade a través das manualidades.

Ilustramos con debuxos as historias contadas ou inventadas entre todos.

A partir de materiais reciclados fabricamos coas nosas mans personaxes de conto, recortables, monicreques, avións, chapeus, etc.

Un taller para nais, pais e fillos onde todos xuntos compartimos esta experiencia chea de ledicia e emocións traballando en equipo.